Se algo destaca na cociña mugardesa é a calidade, variedade e riqueza dos produtos de mar, cociñados de forma familiar, artesanal e pausada, que ten como resultado pratos deliciosos.
De feito, a gastronomía é unha dos principais encantos para os turistas que aquí se achegan. A frota pesqueira da zona, dedicada dende tempo inmemoriable á pesca da sardiña para salgadura e á captura do polbo, entre outros, mantén esta tradición e segue proporcionando gran variedade de peixes, crustáceos e moluscos que constitúe o polo de atracción de xentes de dentro e fóra da bisbarra ao longo de todo o ano.
Pero se hai un protagonista absoluto na gastronomía de Mugardos, este é o polbo. Ocupación tradicional dos mugardeses, tal e como se reflicte no cantar popular "os da Graña son cintores; os da Redonda canteiros; os de Cervás labradores e os de Mugardos, pulperos," a captura deste molusco foi a dedicación case exclusiva durante décadas, xa que, xunto co do Grove, na Illa de Arousa, era o máis solicitado nas feiras do interior.
Mugardos ademais é coñecido na cociña galega e internacional por idear un prato propio, o polbo á mugardesa, de sinxela elaboración: se maza o polbo, ponse en auga a ferver (preferiblemente de mar), e cando esta chega ao punto de ebulición, asústase" o molusco introducciéndolo tres veces na pota, suxeitándoo pola cabeza, para que quede máis tenro.
Nunha tixola faise o refrito de aceite, cebola e pemento doce. Engádense as
talladas de polbo e acompáñase con "cachelos" (patacas cocidas con monda).
A Festa do polbo de Mugardos
![polvo_med.gif 102](http://www.concellodemugardos.org/sites/default/files/imagecache/pagina-ancho-mediano/img_editoramigable/3/polvo_med_0.gif)
Esta festa coincide coas Festas do Carmen celebrándose o Venres, Sábado e Domingo da semana do 16 de Xullo no porto de Mugardos.
A festa do produto máis típico de Mugardos celébrase no Cantón de Cora durante todo o día no que a xente pode degustar o polbo á mugardesa ademais de divertirse coas charangas.
O marisco
O marisqueo a pé practícase nestas terras en especial polas mulleres, e en zonas convenientemente protexidas e cun fondo de area e limo que reúne as condicións idóneas para o seu cultivo, como é o caso das enseadas da Redonda e da Barca, entre outras.
![o marisco_peq.gif 104](http://www.concellodemugardos.org/sites/default/files/imagecache/pagina-ancho-minimo/img_editoramigable/3/o%20marisco_peq_0.gif)
O marisco é un dos praceres imprescindibles que hai que experimentar en Mugardos. As augas da ría son o caldo de cultivo perfecto para a cría de moitas especies, pero unha delas reina en todas: a ameixa, aquí con denominación de orixe "ameixa dá ría" (ameixa da ría), moi cotizada e recoñecida pola súa calidade e exquisito sabor, xa sexa da variedade "fina" ou "babosa", aínda que tamén o berberecho ten un sabor peculiar.
Esta ría xenerosa, incriblemente fértil, produce prezados tesouros que podemos degustar en caldeirada, á mariñeira, á galega, ao forno, na súa tinta, á prancha, ao vapor... non importa de que xeito, o seu sabor traerá ao noso padal un anaco de mar en toda a súa plenitude e grandeza.

A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí o teu comentario: