A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, fundouse o día 10 de outubro de 1927, sendo o pintor Felipe Bello Piñeiro un dos seus máximos impulsores.
O seu primeiro presidente foi Federico Casteleiro Vila, tendo a súa sede na chamada Casa da Rampla, hoxe casa nº5 da avenida do Seixo, pasando logo ó nº7 da mesma avenida e a partires de 1935 e ata 1974 o seu local social estivo na Mariña, no peirao do Seixo.
Dende o ano 1982 conta cun magnífico local propio duns 500 metros cadrados, que está situado na avenida Bello Peñeiro S/N e, que dispón de cafetería, salón de actos, biblioteca, sala de exposicións e conferencias, etc.
Outra das propiedades da S.A.P.G. é o Souto de Beiramar, fermoso lugar sito na ría ferrolá duns 1500 metros cadrados, onde se dispón dunha pista polideportiva, campo de festa e vestiarios ademais dun arboredo para o desfrute da xente da comarca.
Entre as actividades desta sociedade destacaron sempre as culturais e recreativas, tendo un grupo de teatro denominado "Teruca Bouza", e noutrora tivérase unha escola de teatro e un coro xove. Tamén, noutros tempos, editábase a revista Beiramar que chegou a acadar un premio de fotografía antiga "O Seixo- Bello Piñeiro e a S.A.P.G".
A nosa sociedade recolle libros vellos ou novos para incluir na súa Biblioteca Cristina Amenedo. Toda aquela persoa que desexe doar literatura que acuda ao noso local social na Avenida Bello Piñeiro de O Seixo.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí o teu comentario: