"O Casino do Seixo"
xoves, outubro 09, 2014
Actuación da Coral O`Pote de Maniños
Publicado 9:04 p.m. por Unknown
| Sen commentarios
CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS
A Coral Polifónica O Pote de Maniños nace en Maniños no ano 1987 no seo da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, con cantores da parroquia baixo a dirección do mestre D. José Fernández Álvarez.
Dende a súa presentación, ao ano seguinte na Semana Cultural que se celebra na asociación co gallo das Letras Galegas, ven actuando en case todas as sociedades da bisbarra e en distintos certames, como poden ser:
Certame de Caixa Nova de Vigo
Certame de Panxoliñas Camiño de Santiago
Certame da Zapateira da Coruña
Festival de Corais de Pedroso
Certame de Panxoliñas do Concello de A Coruña do ano 2000, chegando ao final do mesmo
Festival de Panxoliñas do Concello de Fene, en todas as edicións
Festival de Habaneiras do Concello de Fene, en todas as edicións
Certame de Habaneiras de Narón
Tamén participou no Día das Pepitas do Concello de Ferrol e está incluída nos circuítos e convenios da Deputación e da Xunta de Galicia.
Participa nun certame de Corais, coincidindo co seu aniversario de presentación, o 17 de maio, e un Festival de Panxoliñas, organizado pola A.C.R.D. O Pote.
Na actualidade está formada por trinta e tres voces mixtas sendo o seu director D. Miguel Bretóns, profesor do Conservatorio de Música de Ferrol. O seu repertorio está formado por música polifónica popular galega, música sacra, madrigais, panxoliñas, etc.
Dada a importante tradición musical do concello de Fene e das diferentes asociacións para impulsar a música coral, a asociación O Pote propuxo ao concello (como puido ser outra asociación) unir esforzos e organizar de forma conxunta e con carácter rotativo o Festival de Panxoliñas. Acordouse, entre o concello e as distintas asociacións culturais, que o Primeiro Festival de Panxoliñas, a nivel do concello, fora en Maniños o día 21 de decembro de 2001, coa participación de todas as corais do Concello e que iría percorrendo, ano a ano, todo o territorio de Fene.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí o teu comentario: