A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, fundouse o día 10 de outubro de 1927, sendo o pintor Felipe Bello Piñeiro un dos seus máximos impulsores.
O seu primeiro presidente foi Federico Casteleiro Vila, tendo a súa sede na chamada Casa da Rampla, hoxe casa nº5 da avenida do Seixo, pasando logo ó nº7 da mesma avenida e a partires de 1935 e ata 1974 o seu local social estivo na Mariña, no peirao do Seixo.
Dende o ano 1982 conta cun magnífico local propio duns 500 metros cadrados, que está situado na avenida Bello Peñeiro S/N e, que dispón de cafetería, salón de actos, biblioteca, sala de exposicións e conferencias, etc.
Outra das propiedades da S.A.P.G. é o Souto de Beiramar, fermoso lugar sito na ría ferrolá duns 1500 metros cadrados, onde se dispón dunha pista polideportiva, campo de festa e vestiarios ademais dun arboredo para o desfrute da xente da comarca.
Entre as actividades desta sociedade destacaron sempre as culturais e recreativas, tendo un grupo de teatro denominado "Teruca Bouza", e noutrora tivérase unha escola de teatro e un coro xove. Tamén, noutros tempos, editábase a revista Beiramar que chegou a acadar un premio de fotografía antiga "O Seixo- Bello Piñeiro e a S.A.P.G".
A nosa sociedade ten a ben difundir os carteis dos vindeiros eventos que se van a celebrar no local da nosa entidade. As actividades desenrólanse co gallo do aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Mugardos.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí o teu comentario: