«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía.
Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que
abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde
queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape
Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de
Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como
lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso
saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre
romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na
auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos
avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate
nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da
Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado
en seco.
"O Casino do Seixo"
xoves, outubro 01, 2015
Actividades polo 88º Aniversario da Sociedade [II]
Publicado 1:28 a.m. por Unknown
| Sen commentarios
Xurxo Souto no Seixo (Mugardos) Presentación do libro de Xurxo Souto
Contos do Mar de Irlanda, o xoves día 8 de outubro ás 20:30 horas, no
local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. Acudide a escoitar
vellas historis mariñeiras.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí o teu comentario: