xoves, outubro 01, 2015

Actividades polo 88º Aniversario da Sociedade

Co Gallo do 88º Aniversario da nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, informamos de actuación do Real Coro Toxos e Froles, para o sábado día 10 de outubro, ás 20:30 horas, no escenario do noso local social. Estades convidad@s!

O Coro "Toxos e Froles" tivo a súa orixe no seo da ferrolá orquesta de pulso e púa "Airiños d'a miña terra", cando o presidente désta, o Xeneral do Corpo de Enxeñeiros Andrés Avelino Comerma y Batalla, xestionou unha xira por Cataluña en Xuño de 1907. Esta orquesta de corda, cunha grande raigame na cidade de Ferrol, viaxou acompañada por un coro típico galego, debidamente uniformado cós traxes rexionais, integrado por 19 coristas, un gaiteiro (Manuel Lorenzo Barja), un tamborileiro e dúas parellas de baile.
     A finais de 1914, por iniciativa do gaiteiro Manuel Lorenzo Barja, operario do Taller de Forxa do Arseal, xunto con Luis Amor Soto, oficial de Infantería de Mariña retirado, e revisteiro do Arseal, empézase a darlle forma ó nacemento dun Coro Galego na Cidade de Ferrol, nun primeiro momento denominado Coro Feijóo "Toxos e Froles", rendindo homenaxe ó iniciador dos coros galaicos, D. Perfecto Feijóo y Poncet, o "Gaiteiro do Lérez", amigo persoal de Manuel Lorenzo, e o que lle impulsa a levar a cabo este proxecto. Así, comenzan a ensaiar no local de "Airiños d'a miña terra", e os domingos no Teatro "Romea".

 http://www.toxosefroles.com/joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=31&Itemid=13

0 comentarios:

Publicar un comentario

Podes deixar aquí o teu comentario:

Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *