A nosa Sociedade organiza a 26 xornada de Teatro Afeccionado O Seixo os días 5,6,7,8 de decembro deste ano 2015, onde participarán A Mámoa Teatro, Perez Parallé, Ghazáfelhos, e A Pombiña. Entrada de balde. Acudide!
"O Casino do Seixo"
domingo, novembro 22, 2015
XVI Xornadas de Teatro Afeccionado
Publicado 12:02 a.m. por Unknown
| Sen commentarios
A nosa Sociedade organiza a 26 xornada de Teatro Afeccionado O Seixo os días 5,6,7,8 de decembro deste ano 2015, onde participarán A Mámoa Teatro, Perez Parallé, Ghazáfelhos, e A Pombiña. Entrada de balde. Acudide!
xoves, outubro 01, 2015
Actividades polo 88º Aniversario da Sociedade
Publicado 1:52 a.m. por Unknown
| Sen commentarios
Co Gallo do 88º Aniversario da nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega,
informamos de actuación do Real Coro Toxos e Froles, para o sábado día
10 de outubro, ás 20:30 horas, no escenario do noso local social.
Estades convidad@s!
O Coro "Toxos e Froles" tivo a súa orixe no seo da ferrolá orquesta de pulso e púa "Airiños d'a miña terra", cando o presidente désta, o Xeneral do Corpo de Enxeñeiros Andrés Avelino Comerma y Batalla, xestionou unha xira por Cataluña en Xuño de 1907. Esta orquesta de corda, cunha grande raigame na cidade de Ferrol, viaxou acompañada por un coro típico galego, debidamente uniformado cós traxes rexionais, integrado por 19 coristas, un gaiteiro (Manuel Lorenzo Barja), un tamborileiro e dúas parellas de baile.
A finais de 1914, por iniciativa do gaiteiro Manuel Lorenzo Barja, operario do Taller de Forxa do Arseal, xunto con Luis Amor Soto, oficial de Infantería de Mariña retirado, e revisteiro do Arseal, empézase a darlle forma ó nacemento dun Coro Galego na Cidade de Ferrol, nun primeiro momento denominado Coro Feijóo "Toxos e Froles", rendindo homenaxe ó iniciador dos coros galaicos, D. Perfecto Feijóo y Poncet, o "Gaiteiro do Lérez", amigo persoal de Manuel Lorenzo, e o que lle impulsa a levar a cabo este proxecto. Así, comenzan a ensaiar no local de "Airiños d'a miña terra", e os domingos no Teatro "Romea".
http://www.toxosefroles.com/joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=31&Itemid=13

Actividades polo 88º Aniversario da Sociedade [II]
Publicado 1:28 a.m. por Unknown
| Sen commentarios
Xurxo Souto no Seixo (Mugardos) Presentación do libro de Xurxo Souto
Contos do Mar de Irlanda, o xoves día 8 de outubro ás 20:30 horas, no
local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. Acudide a escoitar
vellas historis mariñeiras.
«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía.
Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que
abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde
queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape
Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de
Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como
lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso
saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre
romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na
auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos
avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate
nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da
Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado
en seco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)