venres, maio 02, 2014

O Baile das Flores

A nosa sociedade quérvos convidar a asistar a Cea - Baile das Flores que terá lugar para o día 24 de maio de 2014 no noso local social. A cea estará amenizada polo "Dúo Caribe". O menú estará composto por Sopa de Pescado, Carne Estofada con Patacas, Sobremesa, Pan, Viño, Café e Chupitos. O prezo será de 15 euros por persoa.

Esperámosvos! 


venres, decembro 13, 2013

Festival de Reis coa visita das súas maxestades Reis Magos de Oriente.

A nosa sociedade prácese en informar da vindeira celebración do Festival de Reis coa visita das súas maxestades Reis Magos de Oriente. Terá lugar o día 4 de xaneiro de 2014 no local social da nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. O festival estará animado polos profesionais de LA GUAGUA cun magnífico repertorio para o divertimento dos rapaces e dos pais. 
A nosa sociedade Deséxavos unhas Felices Festas e unha Próspera e moi Leda entrada no ano 2014.


 

venres, outubro 11, 2013

Vindeiras actividades do mes de Outubro



A nosa asociación ten a ben comunicar as vindeiras actividades que se van a celebrar durante este mes de outubro:
  • Mañá sábado día 12 actuación no noso local da Rondalla Sonidos del Alba.
  • O día 19 Cea - Baile do Aniversario da Sociedade.
  • O día 26 Actuación da Coral Polifónica Eumesa. 
  • O día 2 de novembro O Magosto.
Con todo elo, a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, convídavos a asistir a todas as actividades abertas a toda a cidadanía.

Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *