martes, febreiro 02, 2016

Teatro na Sociedade: O Lar da Farsa "Historias Corrientes"

 
A nosa Sociedade acolle unha representación da compañía de teatro O Lar da Farsa coa obra Historia Corrientes no noso local social do Seixo o vindeiro día 7 de febreiro ás20:00 horas. Acudide!

domingo, novembro 22, 2015

XVI Xornadas de Teatro Afeccionado


A nosa Sociedade organiza a 26 xornada de Teatro Afeccionado O Seixo os días 5,6,7,8 de decembro deste ano  2015, onde participarán A Mámoa Teatro, Perez Parallé, Ghazáfelhos, e A Pombiña. Entrada de balde. Acudide!

xoves, xullo 16, 2015

Estrea da obra do grupo de teatro "Teruca Bouza"

 

A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega informa da vindeira estrea da obra do grupo de teatro "Teruca Bouza", que terá lugar o venres día 17 de xuño ás 21:30 horas no escenario do local social do Seixo. O grupo de teatro "Teruca Bouza" vén representando á SAPG por todos os lugares de Galicia onde representan. Nesta ocasión, volven ao seu escenario principal para deleitar ás xentes de Ferrolterra que quieran achegarse a súa representación.

Prégase Difusión.

Directiva da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega

A SAPG fundouse o día 10 de outubro de 1927, sendo o pintor Felipe Bello Piñeiro un dos seus máximos impulsores..."
Visita o noso blogue: http://amigospaisaxegalega.blogspot.com.es

xoves, novembro 27, 2014

25 Xornada de Teatro Afeccionado en O Seixo

A nosa Sociedade organiza a 25 xornada de Teatro Afeccionado O Seixoo 2014, onde participarán os Ghazáfelhos o día 5 de decembro, Perez Parallé o 6 e Donas de Amistad o día 8. Entrada de balde. Acudide!

luns, marzo 03, 2014

Grupo de teatro Teruca Bouza: "Fora de lugar"



Resumo da obra Fora de Lugar interpretada polo grupo de teatro "Teruca Bouza" da SAPG (Sociedade Amigos da Paisaxe Galega) O Seixo Mugardos (A Coruña). O grupo representa unha obra crítica e chea de preguntas sen resolver, segundo o director Carlos Basoa. O grupo Teruca Bouza leva nos escenarios dende 1990.




martes, decembro 03, 2013

"Xábrega Teatro" coa obra "Filomeno Búscame un Neno" nas "XXIV Xornadas de Teatro" en O Seixo.



 Actuación do grupo "Xábrega Teatro" coa obra "Filomeno Búscame un Neno":



"XXIV Xornadas de Teatro" que se están a celebrar no noso local social en O Seixo, convídavos a asistir ás distintas representacións dos días 5, 6, 7 e 8 de decembro, tódolos días a partires das 20:00 Horas. Colaboran Novagalicia Banco e Deputación da Coruña e Concello de Mugardos.

mércores, novembro 13, 2013

A nosa sociedade organiza ás XXIV Xornadas de Teatro.

A nosa Socidedade organiza ás "XXIV Xornadas de Teatro" que se van a celebrar no noso local social en O Seixo, convídavos a asistir ás distintas representacións dende o día 30 de novembro ata o 8 de decembro, tódolos días a partires das 20:00 Horas. Colaboran Novagalicia Banco e Deputación da Coruña.

Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *