venres, maio 13, 2016

Concerto de Roger de Flor e Eugenia Sanmartín

 
Prezados Amig@s!
A nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega informa do vindeiro concerto de Roger de Flor e Eugenia Sanmartín que terá lugar no noso Local Social do Seixo - Mugardos o luns 16 de maio ás 20:00 horas. Contaremos coa presenza de Manolo Basoa que recitará poemas do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Manuel María. Convidamos a achegarse ata O Seixo para gozar dunha boa xornada musical. A entrada é de balde.
Pregamos e agradecemos divulgación.
Grazas.
Un cordial saúdo da Xunta directiva da SAPG

martes, febreiro 02, 2016

Bailes de Carnaval

A nosa Sociedade acolle os Bailes de Carnaval Infantil e de Adultos no noso local social do Seixo o vindeiro día 13 de febreiro ás 17:30 horas o infantil e ás 23:30 horas o de adultos. Acudide...

venres, xuño 19, 2015

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán - O Seixo. Sábado 27 de xuño

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo
sábado 27 de xuño de 2015

“Nunca choveu que non escampara”

A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra nunha listaxe que crece día a día, e na que até o momento figuran a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundaçom Artábria, a Asociación Cultural Muiño do Vento, A Revolta de Trasancos, o Colectivo Opaii Radio Filispim, a Asociación Conxeito, o Club do Mar de Mugardos, e a Sociedade O Pote de Maniños.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.

En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.
 Acudide!

Sardiñada polo San Xoán

 
 A nosa sociedade organiza a tradicional sardiñada polo san Xoán, a celebrar no local social da nosa sociedade o vindeiro día 26 ás 20:30 horas.  Convidámovos a tod@s á participar. Acudide!

luns, abril 13, 2015

Cea - Baile das Flores

A nosa sociedade quere convidarvos a participar na Cea - Baile das Flores que estará amenizada polo dúo Caramelo e que terá lugar no noso local social do Seixo, para o día 16 de maio de 2015 a partir das 22:00 horas. Para apuntarse á mesma podedes chamar ao 981475238. Animádevos!

Actuación da Rondalla Mugardesa

A nosa sociedade quere convidarvos a unha nova actuación da Rondalla Mugardesa no noso local social do Seixo, para o vindeiro 25 de abril ás 20:30 horas. Un acto organizado en colaboración con concello de Mugardos. Estedes todo@s convidad@s!

martes, febreiro 17, 2015

Baile Carnaval Adultos

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s @s adultos a participar no vindeiro Baile de Carnaval para Adultos que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos o día 21 de febreiro ás 23:00 horas. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes do Dúo Tribal. Acudide! Pasarémolo moi ben. 

mércores, xaneiro 21, 2015

Baile de Carnaval Infantil

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s nen@s a participar no vindeiro Baile de Carnaval que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos o día 21 de febreiro ás 18:00 horas. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes do Dúo Tribal. Acudide! Pasarémolo moi ben. 

domingo, decembro 28, 2014

Festival de Reis 2015

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s nen@s a participar no vindeiro Festival de Reis que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes de La Guagua. pasarémolo todos moi ben xunto a súas maxestadades de Oriente.  Haberá sorteo de regalos entre os nen@s asistentes.
No volo perdades! 

xoves, outubro 30, 2014

Celebración do Magosto


O vindeiro sábado día 8 de novembro ás 20:30 horas celebrarase a habituala tradición galega onde poderase degustar castañas, viño, leite e batidos. Acudide! Pasarémolo moi ben e as castañas están moi, pero que moi boas.

xoves, outubro 09, 2014

Actuación da Coral O`Pote de Maniños



 CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS

A Coral Polifónica O Pote de Maniños nace en Maniños no ano 1987 no seo da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, con cantores da parroquia baixo a dirección do mestre D. José Fernández Álvarez.

Dende a súa presentación, ao ano seguinte na Semana Cultural que se celebra na asociación co gallo das Letras Galegas, ven actuando en case todas as sociedades da bisbarra e en distintos certames, como poden ser:

􀂏 Certame de Caixa Nova de Vigo
􀂏 Certame de Panxoliñas Camiño de Santiago
􀂏 Certame da Zapateira da Coruña
􀂏 Festival de Corais de Pedroso
􀂏 Certame de Panxoliñas do Concello de A Coruña do ano 2000, chegando ao final do mesmo
􀂏 Festival de Panxoliñas do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Festival de Habaneiras do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Certame de Habaneiras de Narón

Tamén participou no Día das Pepitas do Concello de Ferrol e está incluída nos circuítos e convenios da Deputación e da Xunta de Galicia.

Participa nun certame de Corais, coincidindo co seu aniversario de presentación, o 17 de maio, e un Festival de Panxoliñas, organizado pola A.C.R.D. O Pote.

Na actualidade está formada por trinta e tres voces mixtas sendo o seu director D. Miguel Bretóns, profesor do Conservatorio de Música de Ferrol. O seu repertorio está formado por música polifónica popular galega, música sacra, madrigais, panxoliñas, etc.

Dada a importante tradición musical do concello de Fene e das diferentes asociacións para impulsar a música coral, a asociación O Pote propuxo ao concello (como puido ser outra asociación) unir esforzos e organizar de forma conxunta e con carácter rotativo o Festival de Panxoliñas. Acordouse, entre o concello e as distintas asociacións culturais, que o Primeiro Festival de Panxoliñas, a nivel do concello, fora en Maniños o día 21 de decembro de 2001, coa participación de todas as corais do Concello e que iría percorrendo, ano a ano, todo o territorio de Fene.

Actuación Musical Entrelas

EntrElas Grupo Vocal constitúese como grupo a finais do 2011 na cidade da Coruña, Galicia, España. Xorde coa intención de levar ás voces femininas a música do noso tempo, abranguendo gran variedade de xéneros.

Este grupo vocal é socio da Asociación Cultural Tres por Cuatro.
Entre as súas actuacións conta con:
- Presentacións en centros cívicos, pubs, locais comerciais.
- A participación na entrega de premios da Asociación de Editores Galegos.
- A interpretación da música incluída no curto cinematográfico "O nobelo de Lía" (2014); premio ao mellor son.

Actuación da Coral Polifónica de Betanzos

Coral Polifónica

Foi fundada en Marzo de 1969 por quen segue sendo o seu Director D. Manuel López Castro. Leva realizadas máis de 1.000 actuacións en Betanzos, na maioría dos pobos e cidades de Galicia, en varias cidades españolas e tamén no estranxeiro, Portugal, Francia, sendo de destacar a Misa cantada na Catedral de Notre Dame de París, os Concertos realizados na Casa de España en París e nun Centro Cultural e a actuación nun Pazo dos Deportes nunha Festa Galega. Tamén realizou varias actuacións na TVE e TVG, gravacións en varias emisoras de raio e disco LP con música polifónica galega.

En Marzo de 1991 viaxou a Roma como Coral invitada no Congreso Mundial de Mestres de Capela e Directores de Coro, no que o Director da Coral participaba como representante das Dioceses Galegas; cantou a Misa Maior na Basílica de San Pedro do Vaticano e deu concertos na Igrexa de San Ignacio de Roma, nas Catacumbas de San Calixto, na Residencia Mediatrici e na Audiencia do Papa cantou ante máis de 10.000 persoas, sendo televisada esta actuación por Mundo Visión e L'Osservatore Romano. Na cidade de Betanzos, a Coral realiza unha intensa e variada actividade cultural e social. Neste sentido destaca o Festival de Santa Cecilia, no que participan diversidade de corais, grupos musicais, teatro, cine, exposicións, etc. Por este labor Cultural o Concello de Betanzos concedeulle a Medalla de Prata da Cidade.

A Coral ten un amplo repertorio musical dos máis variados e importantes compositores. Unha das actividades que está a realizar cun resultado moi positivo, son os intercambios culturais con outras corais e entidades culturais, o que leva consigo o coñecemento de pobos e cidades, coas súas tradicións, historia, costumes, etc. ademais da amizade e boa convivencia que se entaboa entre os membros das distintas colectividades.
 

luns, setembro 15, 2014

A nosa Sociedade Precisa Ordenador!

A nosa sociedade precisa de ordenadores para  poñer a disposición da cidadanía no noso local social e na nosa biblioteca Cristina Amenedo. Quen teña a necesidade de desfacerse dun ordenador e, que éste ainda estea en función, pode traelo e doalo a nosa sociedade. Agradecerémolo!
G

A nosa sociedade recolle libros!

A nosa sociedade recolle libros vellos ou novos para incluir na súa Biblioteca Cristina Amenedo. Toda aquela persoa que desexe doar literatura que acuda ao noso local social na Avenida Bello Piñeiro de O Seixo.
Grazas a tod@s polas vosas Doazóns!

A nosa Sociedade cede Local de Ensaio a Grupos Noveis de Música.

 
 A sociedade repartirá as horas de ensaio e uso do local dándolle prioridade á compañía de teatro Teruca Bouza e ás diferentes actividades semanais.  Solicitarase que a metade dos integrantes do grupo se fagan socios da SAPG para sufragar gastos de luz.  Solicitarase unha actuación gratuíta cada dous meses no noso escenario.  É imperativo, para o uso das instalacións, o respecto ás mesmas e ao material que conteñen.  Para apuntarse dar nome do grupo ou representante, teléfono ou email de contacto na cafetería da sociedade ou nos emails: amigosdapaisaxegalega@gmail.com // paisaxegalega@yahoo.com

mércores, xullo 30, 2014

Celebración da Queimada

A nosa sociedade vén de celebrar a Queimada, onde se degustaron 150 litros ademáis de moitas bolas de pan e azucre. A xornada estivo amenizada dende o escenario da cafetería polo grande Richi García, cunha magnifica actuación interpretando vellos e boísimos temas.

mércores, xullo 09, 2014

Queimada na nosa Sociedade

Co gallo das festas en honra a Santiago Apostol no Seixo, a nosa sociedade vai celebrar o vindeiro día 24 ás 22:30 horas unha Queimada amenizada coa actuación de Richi García. Convidámovos a tod@s á degustar este típico manxar galego. Acudide!

venres, maio 02, 2014

Día Das Letras Galegas 2014

Co gallo do Día Das Letras Galegas 2014 adicadas a Xosé María Díaz Castro, a nosa sociedade prácese en convidarvos ao Recital de Poesía que terá lugar o día 17 de maio no salón de actos do noso local social ás 12:00 horas. Convidamos a toda a cidadanía interesada en Recitar, que traia a súa Poesía e a recite para todos os presentes. A Poesía pode ser do homenaxeado nese día ou de calquera outro/a autor/ra en Lingua Galega, tamén está aberto o acto a quen queira recitar a poesía da súa propia creación.
Recitade! 




Acudide!

O Baile das Flores

A nosa sociedade quérvos convidar a asistar a Cea - Baile das Flores que terá lugar para o día 24 de maio de 2014 no noso local social. A cea estará amenizada polo "Dúo Caribe". O menú estará composto por Sopa de Pescado, Carne Estofada con Patacas, Sobremesa, Pan, Viño, Café e Chupitos. O prezo será de 15 euros por persoa.

Esperámosvos! 


Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *