domingo, novembro 22, 2015

Actuación do grupo Trasnochadores del Eume


 

A nosa Asociación informa do concerto do grupo Trasnochadores del Eume, que terá lugar no local social do Seixo o vindeiro sábado día 28 de novembro ás 20:00 horas. A actuación será de balde e estades todas e todos convidados. Acudide!

XVI Xornadas de Teatro Afeccionado


A nosa Sociedade organiza a 26 xornada de Teatro Afeccionado O Seixo os días 5,6,7,8 de decembro deste ano  2015, onde participarán A Mámoa Teatro, Perez Parallé, Ghazáfelhos, e A Pombiña. Entrada de balde. Acudide!

xoves, xullo 16, 2015

Estrea da obra do grupo de teatro "Teruca Bouza"

 

A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega informa da vindeira estrea da obra do grupo de teatro "Teruca Bouza", que terá lugar o venres día 17 de xuño ás 21:30 horas no escenario do local social do Seixo. O grupo de teatro "Teruca Bouza" vén representando á SAPG por todos os lugares de Galicia onde representan. Nesta ocasión, volven ao seu escenario principal para deleitar ás xentes de Ferrolterra que quieran achegarse a súa representación.

Prégase Difusión.

Directiva da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega

A SAPG fundouse o día 10 de outubro de 1927, sendo o pintor Felipe Bello Piñeiro un dos seus máximos impulsores..."
Visita o noso blogue: http://amigospaisaxegalega.blogspot.com.es

venres, xuño 19, 2015

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán - O Seixo. Sábado 27 de xuño

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo
sábado 27 de xuño de 2015

“Nunca choveu que non escampara”

A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra nunha listaxe que crece día a día, e na que até o momento figuran a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundaçom Artábria, a Asociación Cultural Muiño do Vento, A Revolta de Trasancos, o Colectivo Opaii Radio Filispim, a Asociación Conxeito, o Club do Mar de Mugardos, e a Sociedade O Pote de Maniños.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.

En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.
 Acudide!

Sardiñada polo San Xoán

 
 A nosa sociedade organiza a tradicional sardiñada polo san Xoán, a celebrar no local social da nosa sociedade o vindeiro día 26 ás 20:30 horas.  Convidámovos a tod@s á participar. Acudide!

luns, abril 13, 2015

Cea - Baile das Flores

A nosa sociedade quere convidarvos a participar na Cea - Baile das Flores que estará amenizada polo dúo Caramelo e que terá lugar no noso local social do Seixo, para o día 16 de maio de 2015 a partir das 22:00 horas. Para apuntarse á mesma podedes chamar ao 981475238. Animádevos!

Actuación da Rondalla Mugardesa

A nosa sociedade quere convidarvos a unha nova actuación da Rondalla Mugardesa no noso local social do Seixo, para o vindeiro 25 de abril ás 20:30 horas. Un acto organizado en colaboración con concello de Mugardos. Estedes todo@s convidad@s!

martes, febreiro 17, 2015

Baile Carnaval Adultos

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s @s adultos a participar no vindeiro Baile de Carnaval para Adultos que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos o día 21 de febreiro ás 23:00 horas. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes do Dúo Tribal. Acudide! Pasarémolo moi ben. 

mércores, xaneiro 21, 2015

Baile de Carnaval Infantil

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s nen@s a participar no vindeiro Baile de Carnaval que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos o día 21 de febreiro ás 18:00 horas. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes do Dúo Tribal. Acudide! Pasarémolo moi ben. 

domingo, decembro 28, 2014

Festival de Reis 2015

A nosa sociedade Amigos da Paisaxe Galega convida a tod@s nen@s a participar no vindeiro Festival de Reis que terá lugar no noso local social do Seixo en Mugardos. Estades tod@s convidad@s a bailar ao son das cancións e bailes de La Guagua. pasarémolo todos moi ben xunto a súas maxestadades de Oriente.  Haberá sorteo de regalos entre os nen@s asistentes.
No volo perdades! 

domingo, novembro 16, 2014

Exposición Fotográfica Luces de Alén Mar


Exposición Fotográfica Luces de Alén Mar, "As escolas de americanos en Galicia". Inda que a exposición estaba programada ata o día 14 manterase aberta ata o día 23 de novembro. Acudide!










xoves, outubro 30, 2014

Celebración do Magosto


O vindeiro sábado día 8 de novembro ás 20:30 horas celebrarase a habituala tradición galega onde poderase degustar castañas, viño, leite e batidos. Acudide! Pasarémolo moi ben e as castañas están moi, pero que moi boas.

xoves, outubro 09, 2014

Actuación da Coral O`Pote de Maniños



 CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS

A Coral Polifónica O Pote de Maniños nace en Maniños no ano 1987 no seo da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, con cantores da parroquia baixo a dirección do mestre D. José Fernández Álvarez.

Dende a súa presentación, ao ano seguinte na Semana Cultural que se celebra na asociación co gallo das Letras Galegas, ven actuando en case todas as sociedades da bisbarra e en distintos certames, como poden ser:

􀂏 Certame de Caixa Nova de Vigo
􀂏 Certame de Panxoliñas Camiño de Santiago
􀂏 Certame da Zapateira da Coruña
􀂏 Festival de Corais de Pedroso
􀂏 Certame de Panxoliñas do Concello de A Coruña do ano 2000, chegando ao final do mesmo
􀂏 Festival de Panxoliñas do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Festival de Habaneiras do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Certame de Habaneiras de Narón

Tamén participou no Día das Pepitas do Concello de Ferrol e está incluída nos circuítos e convenios da Deputación e da Xunta de Galicia.

Participa nun certame de Corais, coincidindo co seu aniversario de presentación, o 17 de maio, e un Festival de Panxoliñas, organizado pola A.C.R.D. O Pote.

Na actualidade está formada por trinta e tres voces mixtas sendo o seu director D. Miguel Bretóns, profesor do Conservatorio de Música de Ferrol. O seu repertorio está formado por música polifónica popular galega, música sacra, madrigais, panxoliñas, etc.

Dada a importante tradición musical do concello de Fene e das diferentes asociacións para impulsar a música coral, a asociación O Pote propuxo ao concello (como puido ser outra asociación) unir esforzos e organizar de forma conxunta e con carácter rotativo o Festival de Panxoliñas. Acordouse, entre o concello e as distintas asociacións culturais, que o Primeiro Festival de Panxoliñas, a nivel do concello, fora en Maniños o día 21 de decembro de 2001, coa participación de todas as corais do Concello e que iría percorrendo, ano a ano, todo o territorio de Fene.

Actuación Musical Entrelas

EntrElas Grupo Vocal constitúese como grupo a finais do 2011 na cidade da Coruña, Galicia, España. Xorde coa intención de levar ás voces femininas a música do noso tempo, abranguendo gran variedade de xéneros.

Este grupo vocal é socio da Asociación Cultural Tres por Cuatro.
Entre as súas actuacións conta con:
- Presentacións en centros cívicos, pubs, locais comerciais.
- A participación na entrega de premios da Asociación de Editores Galegos.
- A interpretación da música incluída no curto cinematográfico "O nobelo de Lía" (2014); premio ao mellor son.

Actuación da Coral Polifónica de Betanzos

Coral Polifónica

Foi fundada en Marzo de 1969 por quen segue sendo o seu Director D. Manuel López Castro. Leva realizadas máis de 1.000 actuacións en Betanzos, na maioría dos pobos e cidades de Galicia, en varias cidades españolas e tamén no estranxeiro, Portugal, Francia, sendo de destacar a Misa cantada na Catedral de Notre Dame de París, os Concertos realizados na Casa de España en París e nun Centro Cultural e a actuación nun Pazo dos Deportes nunha Festa Galega. Tamén realizou varias actuacións na TVE e TVG, gravacións en varias emisoras de raio e disco LP con música polifónica galega.

En Marzo de 1991 viaxou a Roma como Coral invitada no Congreso Mundial de Mestres de Capela e Directores de Coro, no que o Director da Coral participaba como representante das Dioceses Galegas; cantou a Misa Maior na Basílica de San Pedro do Vaticano e deu concertos na Igrexa de San Ignacio de Roma, nas Catacumbas de San Calixto, na Residencia Mediatrici e na Audiencia do Papa cantou ante máis de 10.000 persoas, sendo televisada esta actuación por Mundo Visión e L'Osservatore Romano. Na cidade de Betanzos, a Coral realiza unha intensa e variada actividade cultural e social. Neste sentido destaca o Festival de Santa Cecilia, no que participan diversidade de corais, grupos musicais, teatro, cine, exposicións, etc. Por este labor Cultural o Concello de Betanzos concedeulle a Medalla de Prata da Cidade.

A Coral ten un amplo repertorio musical dos máis variados e importantes compositores. Unha das actividades que está a realizar cun resultado moi positivo, son os intercambios culturais con outras corais e entidades culturais, o que leva consigo o coñecemento de pobos e cidades, coas súas tradicións, historia, costumes, etc. ademais da amizade e boa convivencia que se entaboa entre os membros das distintas colectividades.
 

luns, setembro 15, 2014

A nosa Sociedade Precisa Ordenador!

A nosa sociedade precisa de ordenadores para  poñer a disposición da cidadanía no noso local social e na nosa biblioteca Cristina Amenedo. Quen teña a necesidade de desfacerse dun ordenador e, que éste ainda estea en función, pode traelo e doalo a nosa sociedade. Agradecerémolo!
G

A nosa Sociedade cede Local de Ensaio a Grupos Noveis de Música.

 
 A sociedade repartirá as horas de ensaio e uso do local dándolle prioridade á compañía de teatro Teruca Bouza e ás diferentes actividades semanais.  Solicitarase que a metade dos integrantes do grupo se fagan socios da SAPG para sufragar gastos de luz.  Solicitarase unha actuación gratuíta cada dous meses no noso escenario.  É imperativo, para o uso das instalacións, o respecto ás mesmas e ao material que conteñen.  Para apuntarse dar nome do grupo ou representante, teléfono ou email de contacto na cafetería da sociedade ou nos emails: amigosdapaisaxegalega@gmail.com // paisaxegalega@yahoo.com

mércores, xullo 30, 2014

Celebración da Queimada

A nosa sociedade vén de celebrar a Queimada, onde se degustaron 150 litros ademáis de moitas bolas de pan e azucre. A xornada estivo amenizada dende o escenario da cafetería polo grande Richi García, cunha magnifica actuación interpretando vellos e boísimos temas.

venres, xaneiro 31, 2014

Baile de Carnaval

A nosa sociedade prácese en informar da vindeira celebración do Baile de Carnaval que terá lugar o día 8 de marzo de 2014 no local social da nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. O Baile estará animado polos profesionais de LA GUAGUA cun magnífico repertorio para o divertimento dos rapaces e dos pais. O Baile de Disfraces para Adultos estará anemizado por Juán Barral.

Acudide! 

martes, decembro 03, 2013

"Xábrega Teatro" coa obra "Filomeno Búscame un Neno" nas "XXIV Xornadas de Teatro" en O Seixo.



 Actuación do grupo "Xábrega Teatro" coa obra "Filomeno Búscame un Neno":



"XXIV Xornadas de Teatro" que se están a celebrar no noso local social en O Seixo, convídavos a asistir ás distintas representacións dos días 5, 6, 7 e 8 de decembro, tódolos días a partires das 20:00 Horas. Colaboran Novagalicia Banco e Deputación da Coruña e Concello de Mugardos.

Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *