xoves, outubro 09, 2014

Actuación da Coral O`Pote de Maniños



 CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS

A Coral Polifónica O Pote de Maniños nace en Maniños no ano 1987 no seo da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, con cantores da parroquia baixo a dirección do mestre D. José Fernández Álvarez.

Dende a súa presentación, ao ano seguinte na Semana Cultural que se celebra na asociación co gallo das Letras Galegas, ven actuando en case todas as sociedades da bisbarra e en distintos certames, como poden ser:

􀂏 Certame de Caixa Nova de Vigo
􀂏 Certame de Panxoliñas Camiño de Santiago
􀂏 Certame da Zapateira da Coruña
􀂏 Festival de Corais de Pedroso
􀂏 Certame de Panxoliñas do Concello de A Coruña do ano 2000, chegando ao final do mesmo
􀂏 Festival de Panxoliñas do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Festival de Habaneiras do Concello de Fene, en todas as edicións
􀂏 Certame de Habaneiras de Narón

Tamén participou no Día das Pepitas do Concello de Ferrol e está incluída nos circuítos e convenios da Deputación e da Xunta de Galicia.

Participa nun certame de Corais, coincidindo co seu aniversario de presentación, o 17 de maio, e un Festival de Panxoliñas, organizado pola A.C.R.D. O Pote.

Na actualidade está formada por trinta e tres voces mixtas sendo o seu director D. Miguel Bretóns, profesor do Conservatorio de Música de Ferrol. O seu repertorio está formado por música polifónica popular galega, música sacra, madrigais, panxoliñas, etc.

Dada a importante tradición musical do concello de Fene e das diferentes asociacións para impulsar a música coral, a asociación O Pote propuxo ao concello (como puido ser outra asociación) unir esforzos e organizar de forma conxunta e con carácter rotativo o Festival de Panxoliñas. Acordouse, entre o concello e as distintas asociacións culturais, que o Primeiro Festival de Panxoliñas, a nivel do concello, fora en Maniños o día 21 de decembro de 2001, coa participación de todas as corais do Concello e que iría percorrendo, ano a ano, todo o territorio de Fene.

Actuación da Coral Polifónica de Betanzos

Coral Polifónica

Foi fundada en Marzo de 1969 por quen segue sendo o seu Director D. Manuel López Castro. Leva realizadas máis de 1.000 actuacións en Betanzos, na maioría dos pobos e cidades de Galicia, en varias cidades españolas e tamén no estranxeiro, Portugal, Francia, sendo de destacar a Misa cantada na Catedral de Notre Dame de París, os Concertos realizados na Casa de España en París e nun Centro Cultural e a actuación nun Pazo dos Deportes nunha Festa Galega. Tamén realizou varias actuacións na TVE e TVG, gravacións en varias emisoras de raio e disco LP con música polifónica galega.

En Marzo de 1991 viaxou a Roma como Coral invitada no Congreso Mundial de Mestres de Capela e Directores de Coro, no que o Director da Coral participaba como representante das Dioceses Galegas; cantou a Misa Maior na Basílica de San Pedro do Vaticano e deu concertos na Igrexa de San Ignacio de Roma, nas Catacumbas de San Calixto, na Residencia Mediatrici e na Audiencia do Papa cantou ante máis de 10.000 persoas, sendo televisada esta actuación por Mundo Visión e L'Osservatore Romano. Na cidade de Betanzos, a Coral realiza unha intensa e variada actividade cultural e social. Neste sentido destaca o Festival de Santa Cecilia, no que participan diversidade de corais, grupos musicais, teatro, cine, exposicións, etc. Por este labor Cultural o Concello de Betanzos concedeulle a Medalla de Prata da Cidade.

A Coral ten un amplo repertorio musical dos máis variados e importantes compositores. Unha das actividades que está a realizar cun resultado moi positivo, son os intercambios culturais con outras corais e entidades culturais, o que leva consigo o coñecemento de pobos e cidades, coas súas tradicións, historia, costumes, etc. ademais da amizade e boa convivencia que se entaboa entre os membros das distintas colectividades.
 

venres, maio 02, 2014

Actuación da Rondalla Mugardesa

A nosa sociedade prácese en informar da actuación da Rondalla Mugardesa que terá lugar este sabado día 3 de maio de 2014, ás 22:30 horas, cambiando a fecha do cartel  por causas alleas a esta directiva, no local social da nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.
Acudide! 


venres, outubro 11, 2013

Vindeiras actividades do mes de Outubro



A nosa asociación ten a ben comunicar as vindeiras actividades que se van a celebrar durante este mes de outubro:
  • Mañá sábado día 12 actuación no noso local da Rondalla Sonidos del Alba.
  • O día 19 Cea - Baile do Aniversario da Sociedade.
  • O día 26 Actuación da Coral Polifónica Eumesa. 
  • O día 2 de novembro O Magosto.
Con todo elo, a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, convídavos a asistir a todas as actividades abertas a toda a cidadanía.

domingo, outubro 06, 2013

Carteis Actividades.

A nosa sociedade ten a ben difundir os carteis dos vindeiros eventos que se van a celebrar no local da nosa entidade. As actividades desenrólanse co gallo do aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Mugardos.









Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *