venres, maio 13, 2016

Concerto de Roger de Flor e Eugenia Sanmartín

 
Prezados Amig@s!
A nosa Sociedade Amigos da Paisaxe Galega informa do vindeiro concerto de Roger de Flor e Eugenia Sanmartín que terá lugar no noso Local Social do Seixo - Mugardos o luns 16 de maio ás 20:00 horas. Contaremos coa presenza de Manolo Basoa que recitará poemas do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Manuel María. Convidamos a achegarse ata O Seixo para gozar dunha boa xornada musical. A entrada é de balde.
Pregamos e agradecemos divulgación.
Grazas.
Un cordial saúdo da Xunta directiva da SAPG

martes, febreiro 16, 2016

Medrar en galego é posible

Este domingo día 21 de febreiro ás 12:00 horas, co gallo do Día Mundial da Lingua Materna terá lugar unha Mesa - Debate por título "Medrar en galego é posible" no local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega en O Seixo - Mugardos. Acto organizado en colaboración polo BNG Mugardos e por ICMugardos e a Semente de Trasancos, escola de ensino galego.

A nosa lingua precisa de ti!
Acude e difunde!


 

Escola de Ensino Galego Semente Trasancos

As Escolas de Ensino Galego Semente som umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega.

Tomam o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ángelo Casal.

Nas Escolas de Ensino Galego, todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, conservaçom, cuidado e consolidaçom da mesma. Entendemos o idioma galego como parte indissolúvel da nossa cultura, da nossa história e do nosso futuro, e defendemos o seu carácter internacional; criando um espaço de interculturalidade formentará-se a importáncia do respeito á outras culturas que vivem no nosso país.

As Escolas de Ensino Galego som um espaço de uma pedagogía transformadora ao serviço dos interesses populares. Defendemos para o centro de ensino:

Coeducaçom
Laicidade
Assemblearismo
Interaçom com a natureza
Respeito pola autoregulaçom da criança
Integraçom no contexto do seu bairro e da cidade.

Teléfono
717779077
Correo electrónico
info@sementetrasancos.gal
Sitio web
http://www.sementetrasancos.gal

martes, febreiro 02, 2016

Bailes de Carnaval

A nosa Sociedade acolle os Bailes de Carnaval Infantil e de Adultos no noso local social do Seixo o vindeiro día 13 de febreiro ás 17:30 horas o infantil e ás 23:30 horas o de adultos. Acudide...

Teatro na Sociedade: O Lar da Farsa "Historias Corrientes"

 
A nosa Sociedade acolle unha representación da compañía de teatro O Lar da Farsa coa obra Historia Corrientes no noso local social do Seixo o vindeiro día 7 de febreiro ás20:00 horas. Acudide!

luns, decembro 28, 2015

Festival de Reis

 
 
A nosa Sociedade  acolle ás SSMM de Oriente no noso local social do Seixo, colabora o Concello de Mugardos e haberá sorteos e agasallos para os máis pequenos.

domingo, novembro 22, 2015

Actuación do grupo Trasnochadores del Eume


 

A nosa Asociación informa do concerto do grupo Trasnochadores del Eume, que terá lugar no local social do Seixo o vindeiro sábado día 28 de novembro ás 20:00 horas. A actuación será de balde e estades todas e todos convidados. Acudide!

XVI Xornadas de Teatro Afeccionado


A nosa Sociedade organiza a 26 xornada de Teatro Afeccionado O Seixo os días 5,6,7,8 de decembro deste ano  2015, onde participarán A Mámoa Teatro, Perez Parallé, Ghazáfelhos, e A Pombiña. Entrada de balde. Acudide!

Reportaxe fotográfico "O Día da muller embarazada" Grupo de Teatro Aficionado "Teruca Bouza".

A nosa Biblioteca

Contacto

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *